Provincia Tonucci

Provincia Tonucci

A Deputación de Pontevedra está a traballar para converter Pontevedra na ‘Provincia Tonucci'. O novo goberno provincial, dende o seu departamento de Mobilidade, coincide coa filosofía do pedagogo italiano nas súas teses sobre a infancia e os espazos públicos: deben ser deseñados á medida das crianzas para que poidan ser aproveitados tamén polo resto da cidadanía. Nestes momentos 20 concellos da provincia xa forman parte da rede de cidades adheridas ao proxecto ‘Cidades dos nenos e das nenas'.

Para afondar na filosofía do pedagogo máis alá dos gobernos municipais, a Deputación celebra entre o 24 de abril e o 11 de xuño diferentes actividades destinadas a toda a cidadanía e , específicamente, á comunidade docente e planificadores urbanos.

O propio Tonucci estivo na provincia entre o 24 e o 28 de abril, realizando encontros con alcaldes das diferentes comarcas e visitando os concellos adheridos á súa rede. Ademais, protagonizou varias conferencias.

A primeira celebrouse o luns 24 de abril, e por cuestión de permitir un maior aforo, a charla do Club Faro cambiou a ubicación inicial (instalacións do Club Faro)  e desenvolveuse no Auditorio do Centro Social A Fundación en Vigo. O xoves 27 de abril no salón de actos do Museo de Pontevedra, o pedagogo falou sobre ‘A autonomía das nenas e dos nenos: unha necesidade para eles, un recurso para a escola e a cidade'.

Xa o 28 de abril ás 17.30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra –entrada libre -, Tonucci foi o protagonista do acto principal da súa visita á provincia: impartiu a conferencia inaugural da exposición ‘Imaxinar a educación.50 anos con Frato', facendo un percorrido polas viñetas que asina con seudónimo, e que convidan a unha reflexión, por medio do humor, sobre os erros e as contradicións da educación e das cidades nas sociedades urbanas e desenvolvidas.

Última modificación: venres, 12 maio 2017

Vídeos

Presentación no Pazo provincial da exposición de Tonucci

   


Pontevedra provincia Tonucci

0 - 0 de 0 albumes existentes

  • 28-04-2017 Presentación y conferencia Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato
    28-04-2017 Presentación y conferencia Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato
  • 27-04-2017 Presentación de la conferencia en el Museo
    27-04-2017 Presentación de la conferencia en el Museo
  • 26-04 Visita a Ponteareas e Tomiño
    26-04 Visita a Ponteareas e Tomiño
  • 25-04-2017 Visita a Vilanova de Arousa Cambados e O Grove
    25-04-2017 Visita a Vilanova de Arousa Cambados e O Grove