Provincia Tonucci

Bases do concurso de fotografía #SomosTonucci

O obxectivo da promoción #SomosTonucci, organizada pola área de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, é realizar un concurso fotográfico en liña a través da rede social móbil Twitter no que poderán participar todas as persoas físicas que cumpran as condicións establecidas nestas bases:

Lexitimación de participación

Poderá participar calquera persoa física maior de 13 anos, residente en España, que posúa unha conta en Twitter e que durante o período de validez da campaña participe na acción nos termos descritos nestas bases.

Período de vixencia do concurso

O concurso comeza o 25 de abril de 2017 e ­finaliza o 5 de xuño de 2017 ás 23:59 h.

Participación e mecánica

Para inscribirse, a persoa participante debe ter unha conta en Twitter e respectar as condicións desta rede (https://twitter.com/tos?lang=es). Ademais, para que a participación poida ser validada, este perfi­l ten que ser público.

  1. A temática do concurso é ‘A cidade dos nenos e nenas' e a autonomía infantil, relacionada coa filosofía do pedagogo Francesco Tonucci; as persoas participantes deberán compartir en Twitter fotografías das esculturas instaladas para promocionar a exposición ‘Imaxinar a Educación.50 anos con Frato' ou dos espazos da propia mostra ubicada no Pazo da Cultura de Pontevedra.
  2. Para identificar a súa participación no concurso as persoas participantes deberán incluír no chío que acompañe a súa fotografía o hashtag #SomosTonucci no momento de publicala en Twitter.
  3. Só as fotografías relacionadas coa  temática indicada entrarán no concurso. O uso do hashtag #SomosTonucci implica a súa participación. A comunicación co gañador será vía Twitter e os seus datos solicitaranse igualmente deste xeito.
  4. As imaxes non poderán reproducir estereotipos sexistas e deberán amosar homes e mulleres por igual.
  5. As imaxes subidas a Twitter co hashtag serán manipuladas polo departamento de Comunicación da Deputación para engadir ao usuario para os efectos de participación no concurso.
  6. O concurso é válido para todas as fotografías realizadas e subidas a Twitter entre o 25 de abril de 2017 e o 5 de xuño de 2017 ás 23:59 horas co hashtags #SomosTonucci por usuarias e usuarios rexistrados na web indicada e dentro da temática establecida. Non se aceptarán fotografías realizadas fóra destas datas.
  7. Cada participante pode subir tantas fotos como queira dentro das datas do concurso e sempre dentro da temática indicada.
  8. Seleccionaranse por sorteo un máximo de 8 imaxes. Unha mesma persoa participante non poderá ter máis de 2 imaxes dentro da selección de premiados.
  9. A comisión para a realización do sorteo estará formada polo equipo organizador da exposición ‘Imaxinar a Educación.50 anos con Frato' e o equipo de Comunicación.
  10. O 6 de xuño de 2017 a organización poñerase en contacto coas persoas gañadoras a través do Twitter e publicará o listado na web oficial da Deputación. En caso de imposibilidade manifesta para contactar coas ou cos gañadores no prazo de dous días hábiles a organización quedará exenta de calquera responsabilidade e poderá elixir outra gañadora ou gañador.

Premio

As imaxes gañadoras recibirán oito lotes de libros entre os que se inclúen varias obras de Francesco Tonucci editados pola editorial Kalandraka e asinados polo propio autor, libros editados pola Deputación de Pontevedra de temática diversa e libros de literatura infantil.

O premio non poderá ser trocado polo seu valor en metálico.

Protección de datos de carácter persoal

As persoas participantes aceptan, mediante a súa participación no concurso en Twitter, que os contidos e comentarios que vaian ser publicados nesta rede poidan ser compartidos co resto de usuarias e usuarios de Instagram e outras redes sociais. A participación nun concurso desta natureza supón a aceptación das normas de Twitter.

Dereitos de imaxe

A participación no concurso implica darlle o consentimento á Deputación de Pontevedra para utilizar as imaxes (atribuíndo a autoría) no material de promoción relacionado con esta campaña. As imaxes xeradas dentro do concurso poderán ser enlazadas en Instagram, mencionando a autoría, a través dos medios de comunicación propios da Deputación de Pontevedra. As imaxes achegadas polas persoas participantes non se usarán con fins lucrativos.

Cada participante manifesta e responsabilízase de ter os dereitos de imaxe e propiedade intelectual de todo o material.

Responsabilidades

O mero feito de participar neste concurso implica a aceptación íntegra destas bases.

A Deputación de Pontevedra reserva o dereito de rexeitar ou excluír da participación no concurso a calquera participante que non reúna os requisitos descritos destas bases ou que contraveña as normas ou finalidade do concurso.

A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das posibles perdas de datos polo mal funcionamento de Twitter ou internet.

Ademais, a Deputación de Pontevedra exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas, puidese causar a utilización indebida dos contidos por parte das persoas usuarias e, en particular, aínda que non de forma exclusiva, polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á suplantación da personalidade de terceiras persoas efectuada por unha usuaria ou un usuario en calquera clase de comunicación realizada no desenvolvemento do concurso.

Última modificación: mércores, 10 maio 2017

As bonecas de Tonucci en Pontevedra

Vídeos

Concurso de fotografía #SomosTonucci