Case un millar de persoas participaron en 49 cursos de "Depo en marcha" 2019 que rematan esta vindeira semana en 22 concellos
Os cursos, que buscan favorecer o avellentamento activo, desenvolvéronse en vinte e dous concellos da provincia de Pontevedra
Un total de 944 persoas finalizarán esta próxima semana 49 obradoiros enmarcados no programa "Depo en marcha" 2019 que se estaban levando a cabo en vinte e dous concellos da provincia. Este programa está organizado pola Deputación de Pontevedra e ten como obxectivo principal promover o avellentamento activo da poboación.
Este luns 16 de decembro en Vigo as persoas integrantes da Asociación da Terceira Idade Nevox finalizarán o curso Risoterapia e a Asociación Amigos de los Pazos fará o mesmo cun obradoiro titulado Conservando a Memoria. Ademais, finalizarase tamén o obradoiro Conservas Artesanais levado a cabo pola Asociación Cultural do Viso de Redondela e Panadería e Repostería da Asociación Artístico-Cultural de Guláns-Ponteareas. Tamén clausuraranse varios cursos. Tres obradoiros de Cestería, nos que participaron persoas da Asociación Veciñal Socio-Cultural e Deportiva e da Asociación de Veciños do Barrio da Feira en Cabral (Vigo) así como da Asociación Cultural Tralovalo de Soutomaior. Tamén dous cursos de Risoterapia, que se estaban a levar a cabo polo Círculo Cultural Recreativo de Cesantes de Redondela e pola Fundación Lar Pro Salud Mental Vilagarcía, e dous titulados Conservando a Memoria, que foron impartidos a persoas integrantes da Asociación de Veciños de Beade de Vigo e da Asociación Recreativa e Cultural de Guizán de Mos.
Do mesmo xeito, en Vigo tamén rematan os cursos Traballos Manuais Variados, ao que acudían persoas da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos; Ximnasia de Mantemento, que contaba con participantes da Asociación de Veciños de Coruxo de Vigo, e Aerodance, levado a cabo pola Asociación Fibromiálgica de Pontevedra.
Igualmente se clausurarán dous cursos Bailes de Salón, realizados polo Centro Social do Concello de Poio e pola Asociación de Veciños Barrio Nerga de Cangas, Arte con Flores, da Asociación Cultural Nespereira de Pazos de Bordén, e Conservas Artesanais, da Asociación Cultural e Social Castro Barreiro.
O mércores 18 rematarán dous cursos titulados Conservando a Memoria, un deles levado a cabo pola Asociación Mulleres Rurais de Castrelo "A Saiñas" de Cambados e o outro pola Asociación de Veciños San Benito de Romariz-Soutomaior, así como Bailes de Salón, da Asociación O Can de San Roque de Forcarei, e Pilates, ao que acudían integrantes da Asociación Veciñal e Cultural de Moreira de Soutomaior. Ademais, en Vigo clausuraranse dous cursos, un deles Risoterapia e outro Panadería e Repostería, levados a cabo pola Asociación de Jubilados y Pensionistas Vila Galicia e pola Asociación Veciñal de Consumidores e Usuarios e Cultural "Emilio Crespo" respectivamente. Por último, o día 18 tamén rematarán os cursos Internet, Correo Electrónico e Manexo do Móbil, impartido na Asociación de Veciños San Juan de Meaño, Tapiñas e Petiscos, ao que acudían persoas da Asociación de Veciños Escola da Feira de Salceda de Caselas, e Cociña Galega, levado a cabo pola Asociación Amigos de Campolongo de Pontevedra.
Pola súa banda, xoves clausúranse cursos deste "Depo en marcha" 2019. Este día será a quenda de cinco obradoiros Internet, Correo Electrónico e Manexo do Móbil impartidos a persoas da Asociación de Jubilados y Pensionistas de Salceda, Asociación de Maiores de Mondariz, Agrupación Cultural Xunco de Salceda de Caselas, Asociación de Veciños San Esteban de Oca da Estrada e Centro Sociocomunitario de Vigo. Tamén rematarán os cursos Ximnasia de Mantemento, no que participaban persoas da Asociación de Xubilados e Pensionistas San Estevo de Noalla de Sanxenxo, Traballos Manuais Variados, ao que acudían persoas da Asociación de Mulleres Rurais A Lagoa do Grove, e Cociña Galega, que reunía a integrantes da Asociación Cultural Xeada de Vilagarcía de Arousa.
Do mesmo xeito, porase fin aos cursos Pilates, no que participaban persoas da Agrupación Cultural Deportiva Chan do Monte de Pontevedra, e Panadería e Repostería, da Asociación Cultural Deportiva Cidadelle de Redondela. Ademais, en Vigo rematarán os obradoiros Conservando a Memoria, da Asociación Tercera Edad Quiñones de León, Cestería, da Asociación de la Tercera Edad Garatuxa de As Nosas Rúas, e Musicoterapia, do Centro Sociocomunitario de Teis. Chegado o próximo venres 20 finalizaranse dous cursos de Ximnasia de Mantemento, un deles levado a cabo polo Club de Pensionistas Santa Cristina de Cobres de Vilaboa e o outro pola Asociación Cultural San Roque de Morgadáns Gondomar, e outros dous de Internet, Correo Electrónico e Manexo do Móbil, nos que participaban persoas da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras de Mos e da Asociación Veciñal Deportiva Cultural A Miñoteira de Redondela.
O mesmo día, clausurarase o curso Pandeireta e Canto Popular, ao que acudían persoas da Asociación Cultural Pandereteiras As Choqueiras de Redondela. Ademais, en Vigo clausuraranse os cursos Informática. Iniciación e Elaboración de Xabóns, nos que participaban persoas integrantes da Asociación de Veciños As Fontes de Lavadores de Vigo e da Asociación de Veciños Fonte de Galo Vigo Centro respectivamente. Xa na fin de semana, o sábado 21 rematarán os cursos Musicoterapia, coa Asociación Cultural Laxe das Cruces de Tourón de Ponte Caldelas, e Ximnasia de Mantemento, ao que acudían peroas da Asociación de Veciños e Amigos Santiago de Caroi de Cotobade.
Os principais obxectivos do programa "Depo en marcha" son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, así como potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e impulsar a independencia das e dos maiores para evitar o illamento e as situacións de soidade.