Cuntis recibe 100.000 € do Plan Concellos para o arranxo de varios camiños rurais
O grao de adxudicación do Plan Concellos en Cuntis sitúase no 53%, o que supón un investimento na vila de 266.931,42 €
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha achega ao concello de Cuntis por valor de 100.000 € con destino á realización de melloras en varios camiños do rural da vila. Esta actuación enmárcase na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.
O Plan Concellos xa outorgou anteriormente ao concello de Cuntis 35.000 € en liña 3 para o pago de gastos correntes, 18.845,43 € en liña 3 para o desenvolvemento da actividade "Habilitas Fogar", "Cuntis Arte-Sano" e a Feira Histórica do 18 e, finalmente, achegou 113.085,99 € na liña 4 de emprego para a contratación de 20 traballadoras e traballadores que desenvolven as súas profesións nos servizos municipais.
O total de achegas destinadas a Cuntis polo Plan Concellos 2016 suman en total a cantidade de 266.931,42 €, polo que o seu grao de execución atópase na actualidade nun 53,1%.