Xornadas de presentación
OBXECTIVO:
Dar a coñecer o proxecto entre o público destinatario para atraer e seleccionar as posibles persoas participantes.
DIRIXIDAS A:
Persoas desempregadas, prioritariamente persoas incluídas nos colectivos con maior risco de exclusión do mercado laboral: menores de 30 anos, mulleres, maiores de 45, persoas con discapacidade e persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social.
CONTIDOS:
- Presentación do proxecto
- Explicación das accións que se van levar a cabo
- Proceso para participar
LUGARES E DATAS DAS XORNADAS:
- Barro-Meis: 19 de decembro, no viveiro de empresas do polígono industrial Barro-Meis
- Lalín: 20 de decembro, no viveiro de empresas de Lalín
- Vilagarcía de Arousa: 9 de xaneiro, nas dependencias da Cámara de Comercio
- Pontevedra: 11 de xaneiro, no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra
- Tui: 16 de xaneiro, nas dependencias da Cámara de Comercio
- Vigo: 18 de xaneiro, nas dependencias da Cámara de Comercio
HORARIO: de 12.30 a 14.00 h
Última modificación: martes, 15 maio 2018