Obradoiros de cultura emprendedora
Entre o 15 e 22 de febreiro de 2018 realizáronse os obradoiros de cultura emprendedora incluídos no proxecto "depoEMPRENDE" 2017, cofinanciado polo FSE a través da Fundación INCYDE.
Nestes obradoiros reforzáronse aspectos persoais coma a autoconfianza e a motivación (xestión do estrés, do fracaso, da toma de decisións etc.) combinados con metodoloxías activas e participativas, mediante a aplicación de dinámicas de grupo, para a identificación de oportunidades emprendedoras.
Durante os últimos 15 minutos de cada obradoiro o persoal técnico da Deputación de Pontevedra presentou o proxecto "depoEMPRENDE 2017" e facilitou a documentación necesaria para a inscrición das persoas asistentes.
Impartíronse 6 obradoiros dirixidos a persoas en situación de desemprego da provincia de Pontevedra.
Última modificación: martes, 15 maio 2018