DepoEmprende II

Xornadas de presentación

OBXECTIVO:

Dar a coñecer o proxecto entre o público destinatario para atraer e seleccionar as posibles persoas participantes.

DIRIXIDAS A:

Persoas desempregadas, menores de 30 anos, inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil, que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

 CONTIDOS:

  • Proxecto e accións para desenvolver
  • Inscrición das persoas interesadas

LUGARES E DATAS DAS XORNADAS:

  • Ponteareas: 17 de xaneiro, no Centro de Desenvolvemento Local
  • O Porriño: 18 de xaneiro, no centro multiusos no polígono de Torneiros
  • Pontevedra: 19 de xaneiro, no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra
  • Cangas: 17 de xaneiro, no salón de plenos do Concello de Cangas
  • Vilagarcía de Arousa: 19 de xaneiro, nas dependencias da Cámara de Comercio
  • Vigo: 22 de xaneiro, nas dependencias da Cámara de Comercio

HORARIO: de 12.30 a 14.00 h

Última modificación: xoves, 03 maio 2018