Obradoiros de cultura emprendedora de depoEMPRENDE II
A Deputación de Pontevedra, entre o 2 e o 9 de febreiro, iniciou os obradoiros de cultura emprendedora incluídos no proxecto depoEMPRENDE II, cofinanciado polo FSE, a través da Fundación INCYDE.
Nestes obradoiros refórzanse aspectos persoais coma a autoconfianza e a motivación (xestión do estrés, do fracaso, da toma de decisións etc.) dun xeito combinado con metodoloxías activas e participativas, mediante a aplicación de dinámicas de grupo, para a identificación de oportunidades emprendedoras.
Durante os últimos 15 minutos de cada obradoiro o persoal técnico da Deputación de Pontevedra presenta o proxecto depoEMPRENDE II e facilítalles a documentación necesaria para a súa inscrición ás persoas asistentes.
Impartíronse 6 obradoiros, dirixidos a menores de 30 anos en situación de desemprego.
Última modificación: martes, 13 febreiro 2018