Noticias

O Plan Concellos 2016 completa o 100% de concesións en Forcarei

Unha achega de 73.642,56 € para a rehabilitación de vivendas públicas é a última contía que completa o grao de execución do plan provincial


13 ago 2016

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar unha achega económica de

73.642,56 € para o concello de Forcarei, que se destinará á rehabilitación de vivendas públicas. Trátase dunha contía incluída na liña 1, de investimentos, do Plan Concellos 2016. Con esta contía complétase o 100% de execución do plan provincial neste municipio, cuns investimentos totais de 502.735,66 €.

Esta partida conclúe todas as aprobadas xa anteriormente dentro da liña 1, por un importe total de 224.756,24 € para restauración de fachadas e substitución de ventás na Casa do Concello, construción dun aparcadoiro público e pavimentación de vías municipais. Na liña 3 -actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais- achegáronse 18.852,58 € para os Reis, cursos de pilates e a Carreira Popular. Dentro da liña 4 para promoción do emprego destináronse 110.074,03 € para a contratación de 11 traballadores e traballadoras municipais, así como outros 75.410,25 €, ao abeiro da liña 2, para o pagamento de alumeado público.