Noticias

Vila de Cruces suma unha nova achega de preto de 100.000 euros dentro do "Plan Concellos 2017"

Cunha inversión superior aos 325.000 euros, a institución provincial xa leva entregado preto do 51 % do importe total que recibe Vila de Cruces dentro do Plan Concellos


19 xuño 2017
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, dous novos investimentos ao Concello de Vila de Cruces no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 59.700 euros que permitirán que a vila realice unha mellora do camiño entre Vilariño e Beuvas e, ademais, grazas a outra achega de 35.778,37 euros poderá financiar as obras do muro de contención de Carbia máis a mellora de varios camiños municipais nos núcleos de Losón e Bodaño. O total das dúas axudas suma un importe de 95.478,37 euros.

Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara a Vila de Cruces 96.663,20 euros para poder afrontar diversos gastos correntes e, finalmente, outros 134.770,60 euros para a contratación de 11 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de Emprego do plan.

Coa suma desta nova achega, a porcentaxe de adxudicación do "Plan Concellos 2017" da Deputación de Pontevedra en Vila de Cruces atópase no 50,7 % o que se traduce en que a vila xa dispón de 326.912,17 euros dun total de preto de 650.000 euros.


Novas relacionadas

Plan Concellos 2017

19 agosto 2017, plan concellos, vila de cruces, plan concellos 2017, deputacion de pontevedra
plan concellos

20 xullo 2017, plan concellos, vila de cruces, plan concellos 2017, deputacion de pontevedra, diputacion de pontevedra