Noticias

Portas destina preto de 43.000 euros do Plan Concellos ao saneamento de augas residuais en Romai Vello e Outeiriño

O grao de adxudicación do Plan Concellos 2018 en Portas sitúase nun 25,35 %, representando un investimento na vila de 164.389,67 euros


29 agosto 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante Resolución presidencial, un novo investimento no concello de Portas ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2018 que financiará con 42.752,16 euros o saneamento de augas residuais en Romai Vello e Outeiriño.

Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para Portas. En concreto, 36.040,74 euros na liña 2 para a amortización da débeda do concello. Tamén, outros 85.596,77 euros foron destinados á contratación de 10 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do plan.

Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 164.389,67 euros do total destinado a Portas, isto é, o 25,35 %.