Noticias

O Goberno de Carmela Silva aprobará o venres a primeira achega do Plan Concellos 2019 para Portas de preto de 150.000 euros

Este investimento da Deputación de Pontevedra servirá para adquirir un camión recolector-compactador de residuos sólidos urbanos


06 febreiro 2019
Plan Concellos 2019

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe da aprobación o próximo venres pola Xunta de Goberno da Deputación do primeiro investimento para Portas con cargo á Liña 1 do Plan Concellos de 2019. En concreto, serán 133.937,47 € cos que a vila poderá financiar a adquisición dun camión recolector-compactador de residuos sólidos urbanos. Este ano a institución provincial pon á disposición de Portas ao través do Plan un total de 390.104,97 euros, un 3,08 % máis que no 2018.

Ademais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 269.925,92 euros, o Concello de Portas tamén ten á súa disposición polo Plan Concellos 2019 un total de 34.851,92 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, outros 85.327,13 euros da Liña 3 de emprego cos que o Concello pode financiar a contratación de 8 traballadoras e traballadores para o concello.

Neste novo ano 2019, no total da provincia, a Deputación de Pontevedra pon á disposición dos 59 municipios ao través do Plan Concellos case 43 millóns e medio de euros, o que supón un 3,3 % máis que no exercicio do 2018.