Noticias

O proxecto "Smartpeme" ofertará aos empresarios e emprendedores unha oferta formativa á carta

Carmela Silva destaca a necesidade de colaboración entre as asociacións empresariais e a Deputación de Pontevedra para mellorar os servizos de asesoramento nas tecnoloxías da información


04 nov 2016
SmartPeme asociacións
SamartPeme

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou hoxe na presentación do proxecto de carteira de servizos "SmartPeme" para asociacións empresariais, a necesidade de colaboración entre estas entidades e as administración para mellorar o asesoramento e a formación sobre as tecnoloxías da información (TIC,S).

O acto de presentación deste proxecto de carteira de servizos "SmartPeme", contou coa participación do presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros e da presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), Lucía Pedroso, e do deputado provincial, Javier Dios,  entre outros empresarios e responsables empresariais.

Carmela Silva demandou a todas as entidades empresariais a necesidade de que fagan de interlocutores ante os seus asociados para que a carteira de servizos do proxecto "SmartPeme" sexa un instrumento útil para os seus asociados de xeito que garantan a formación sobre as novas tecnoloxías que demandan para lograr unha mellor eficiencia das súas empresas.

A Presidenta da Deputación subliñou a importancia de que as administracións traballen xunto cosas asociacións e entidades que agrupan aos empresarios e emprendedores xa que son os que mellor coñecen as necesidades dos seus asociados. "Todas as administracións temos que colaborar  coas asociacións de empresarios e de emprendedores para garantirlles unha correcta formación nas TIC,s que garantan unha melloría nas súas condicións de eficiencia que redundará na creación dun mellor e máis corrector tecido de riqueza na nosa provincia".

Tras a presentación da Presidenta, que quixo agradecer a colaboración de todos os presentes para acadar unha carteira de servizos do proxecto acorde coas verdadeiras necesidades empresarias, os responsables do proxecto introduciron  as posibilidades que oferta o  proxecto "SmartPeme".

O proxecto "SmartPeme" ten  unha rede de seis puntos distribuídos polas diferentes comarcas da provincia na que as persoas emprendedoras, as autónomas e autónomos e as pequenas empresas poden obter información e asesoramento presencial e personalizado sobre o uso e a aplicación das TIC no eido empresarial.