Noticias

O Porriño destina 116.000 € do Plan Concellos a acondicionar un local como arquivo municipal

A Corporación provincial leva entregado case o 78% do total destinado ao Porriño dentro do Plan Concellos 2016, o que representa un investimento de 794.798,98 € na vila


31 xul 2016

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova axuda ao concello do Porriño ao abeiro do Plan Concellos 2016. Nesta quenda, a vila recibirá do Goberno provincial 116.284,63 € que serán destinados ao acondicionamento dun local como futura sede do arquivo municipal da vila. Esta actuación intégrase na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

Esta achega súmase aos 412.363,75 €, en liña 1, destinados á rede de saneamento en Albarín, a un saneamento na Pereira-Contrasto (na parroquia do Contrasto) e á renovación das instalacións do alumeado exterior da vila. Ademais, 38.000 €, dentro da liña 3, para o financiamento da escola municipal de música e para o apoio e reforzo escolar a menores en desvantaxe e por último 228.150,60 €, liña 4, para a creación de trinta novos postos de emprego nos servizos municipais do concello.

O Goberno provincial xa asignou ata o momento o 78,4% dos presupostos destinados ao Porriño ao abeiro do Plan Concellos 2016, acadando un total de 794.798,98 € investidos.


Novas relacionadas

Plan Concellos 2017

26 agosto 2017, mayores, o porriño, nenas, nenos, maiores, plan concellos 2017, niñas, dificultades de aprendizaje, dificultades de aprendizaxe
Visita as instalacións deportivas de Atios

31 maio 2017, plan concellos 2016, o porriño, campo de fútbol, plan concellos 2017, construcción, construción