Noticias

A Deputación de Pontevedra anticipa 300.000 euros ao Concello de Mondariz

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes, firmaron esta mañá o convenio para a concesión dun préstamo sen xuros á localidade


02 dec 2015
Firma co alcalde de Mondariz
Firma co alcalde de Mondariz

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes, firmaron hoxe un convenio mediante o cal a institución provincial outorga un préstamo sen xuros por importe de 300.000 euros, reintegrables no período de 15 anos, ao Concello de Mondariz.

A través deste préstamo, que se inclúe no marco da concesión de anticipos reintegrables a municipios da provincia de Pontevedra, o Concello de Mondariz realizará investimentos e obras en infraestruturas da localidade. 


Novas relacionadas