Noticias

O Goberno de Carmela Silva aproba destinar 3 millóns de euros para 20 proxectos en 13 concellos da provincia

Bueu, Moraña, Poio, Baiona, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén, O Porriño, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Tomiño, Tui, Lalín e Cerdedo-Cotobade son os municipios beneficiados


12 maio 2017
Plan Concellos 2017

O Goberno de Carmela Silva aprobou destinar preto de 3 millóns de euros para levar a cabo 20 proxectos e investimentos en 13 concellos da provincia de Pontevedra. Baiona, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Lalín, Mondariz-Balneario, Moraña, Pazos de Borbén, Poio, O Porriño, Sanxenxo, Tomiño, Tui e Vilanova de Arousa serán os beneficiarios destas achegas enmarcadas na liña 1, Investimentos, do Plan Concellos 2017. Carmela Silva subliñou que "con esta relación levamos xa aprobados investimentos para os concellos da provincia por valor de 10.631.582,03 € da liña 1 do Plan Concellos, é dicir, o 41,29 % do total correspondente a esta, que este ano ascende a 25.750.000 €".

En concreto, aprobáronse achegas por valor de 886.507,4 € para que os concellos de Bueu, Moraña e Poio poidan, entre outras cuestións, instalar áreas de xogos infantís e de ocio adaptadas e inclusivas, repoñer pavimentos ou estabilizar muros de contención e mellorar paseos litorais.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou que Poio se beneficiará dunha achega de 412.519,23 € a través da cal se porá en marcha a estabilización dun muro de contención da estrada e continuación do paseo litoral de Campelo. Con estes proxectos e os xa aprobados ata o momento Poio, tal e como manifestou Silva, ten xa o 92,32 % do orzamento correspondente ao Plan Concellos aprobado.

No caso de Bueu as achegas ascenden a 237.846,77 € a través das cales o concello porá en marcha áreas de xogos infantís adaptadas e inclusivas así como áreas biosaudables e unha área de skate park na vila. Silva informou ao respecto, que ata o momento Bueu ten aprobado o 95,06 % do orzamento correspondente ao Plan Concellos deste ano.

En canto a Moraña, o Goberno de Carmela Silva aprobou axudas por valor de 236.141,4 € para a reposición de pavimento no lugar do Covelo e para a adquisición dun equipo recolector-compactador de residuos sólidos urbanos. Este concello, tal e como informou a presidenta da Deputación, ten o 78,41 % do Plan Concellos aprobado.

Na zona do Salnés aprobáronse achegas por valor de 183.322,25 € para que os concellos de Sanxenxo e Vilanova de Arousa poidan, entre outras cuestións, adquirir un tractor ou acondicionar centros de formación.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou que Sanxenxo se beneficiará dunha achega de 108.900 € a través da cal se vai adquirir un tractor con rozadoira, brazo lateral e cabina forestal. Con estes proxectos e os xa aprobados ata o momento, Sanxenxo, tal e como manifestou Silva, ten xa o 36,90 % do orzamento correspondente ao Plan Concellos aprobado.

No caso de Vilanova de Arousa as achegas ascenden a 74.422,55 € a través das cales o concello poñerá en marcha o acondicionamento da ampliación do centro de formación con novas tecnoloxías no pazo de Vista Real. Silva informou, de que ata o momento Vilanova de Arousa ten aprobado o 57,79 % do orzamento correspondente ao Plan Concellos deste ano.

Ademais, aprobáronse achegas por valor de 1.159.549,35 € para que os concellos de Baiona, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén e O Porriño poidan, entre outras cuestións, renovar o céspede artificial das súas instalacións deportivas, mellorar pistas de atletismo, impulsar novas zonas verdes, ampliar a rede de saneamentos dos núcleos urbanos e rurais así como pavimentar camiños e rúas.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou de que O Porriño se beneficiará dunha achega de 700.905,12 € a través da cal se mellorará o saneamento en Costeira e Lameira e a pavimentación de Madorras, Costeira, Vitureira e Lameira. Tamén a través destas axudas aprobadas pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra se substituirá o céspede do campoC F Atios.  Con estes proxectos e os xa aprobados ata o momento O Porriño, tal e como manifestou Silva, ten xa o 66,61 % do Plan Concellos adxudicado.

No caso de Baiona as achegas ascenden a 265.450,41 € a través das cales o concello vai renovar o céspede artificial e a pista de atletismo na instalación municipal deportiva do Aral. Silva informou, ao respecto, que ata o momento Baiona ten aprobado o 63,38 % do orzamento correspondente ao Plan Concellos deste ano.

Pola súa banda a Deputación de Pontevedra destinará 79.999,17 € ao Concello de Mondariz-Balneario para que poida impulsar o proxecto de zona verde no entorno do Gran Hotel da vila. Con esta achega e as xa aprobadas ata o momento, o Concello ten o 60 % do Plan Concellos deste ano adxudicado.

En canto a Pazos de Borbén, o Goberno de Carmela Silva aprobou axudas por valor de 112.194,66 € para a ampliación da rede de saneamento nos tramos que van desde o 11 ao 15 en Masusan. Este Concello, tal e como informou a presidenta da Deputación, ten o 65,82 % do Plan Concellos aprobado.

Para O Baixo Miño aprobáronse achegas por valor de 334.110,92 € para que os concellos de Tomiño e Tui poidan, entre outras cuestións, realizar o saneamento e mellorar a pavimentación de núcleos rurais así como adquirir material informático.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou que Tomiño se beneficiará dunha achega de 212.962,95 € a través da cal se vai realizar o saneamento dos núcleos de Vilachán e Sanomedio. Con estes proxectos e os xa aprobados ata o momento, Tomiño, tal e como manifestou Silva, ten xa o 38,53 % do orzamento correspondente ao Plan Concellos aprobado.

No caso de Tui as achegas ascenden a 121.147,97 € a través das cales o concello porá en marcha a mellora da pavimentación que une os núcleos de As Chans (Randufe) con Circos (Pazos de Reis) así como o subministro de material e software informático para o concellos. Silva informou, ao respecto, que ata o momento Tui ten aprobado o
37,68 % do orzamento correspondente ao Plan Concellos deste ano.

Finalmente, aprobáronse achegas por valor de 272.499,12 € para que os concellos de Lalín e Cerdedo–Cotobade poidan, entre outras cuestións, realizar obras de acondicionamento en instalacións deportivas, pavimentación de accesos e creación dun aparcamento.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou que Lalín se beneficiará dunha achega de 128.641,51 € que se destinará ao pavimento da pista de Froxán (Castro) e do acceso ao lugar de Fondevila (Donsión), cun custe de 67.317,45 € entre as dúas obras; así como para o acondicionamento de unha sala para ximnasio no edificio multiusos Lalín Arena (61.324,06 €). Con estes proxectos e os xa aprobados con anterioridade, tal e como manifestou Silva, o concello de Lalín xa leva adxudicado o 34,48 % do Plan Concellos correspondente para esta vila neste ano 2017.

No caso de Cerdedo–Cotobade, as achegas ascenden a 143.857,61 €, que investirán no remate do campo da festa e no aparcamento en Figueroa. Este concello, como informou a presidenta, leva aprobado pola súa parte o 28,06 % do orzamento correspondente ao Plan Concellos deste ano 2016.

LIÑA 2

O Goberno de Carmela Silva aproba tamén axudas por valor de 629.884,60 € para que 16 concellos poidan levar a cabo amortizacións, pagamento de débedas e gasto corrente así como gastos derivados da realización de actividades culturais,deportivas ou sociais ao abeiro da liña 2. En concreto, beneficiaranse destas achegas Cuntis, Gondomar, O Grove, A Guarda, Lalín, Meis, Mondariz, As Neves, Oia, Ponte Caldelas, Pontecesures, Sanxenxo, Soutomaior, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Carmela Silva subliñou que "con esta relación levamos xa aprobados investimentos para os concellos da provincia por valor de case 3 millóns de euros da liña 2 do Plan Concellos, é dicir, preto do 50 % do total correspondente a esta liña que este ano ascende a 6.180.000 €".

Máis polo miúdo, tal e como informou Silva, os concellos de Ponte Caldelas, Cuntis e Soutomaior recibirán 102.921,83 €. A Deputación de Pontevedra achegará 16.940 € a Ponte Caldelas para a asistencia técnica e para a contratación do servizo de xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria. Pola súa banda, Cuntis beneficiarase de 15.968,23 € para o mantemento de cunetas no rural. No caso de Soutomaior, a Deputación achegará 70.013,60 € para o pago de facturas a Urbaser, S. A.

Pola súa banda, os concellos do Grove, Meis, Pontecesures, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa recibirán 342.681,12 €. A Deputación de Pontevedra achegará 17.000 € ao Grove para a carreira popular, a liga de Fútbol Sala Municipal, o simposio internacional de escultura ao aire libre, actividades de entroido e a regata das dornas. Pola súa banda, Meis beneficiarase de 71.300,17 € para o pagamento de gasto corrente novo e Pontecesures de 52.410,86 € para a XXII Festa da Lamprea e para o pago de 4 mensualidades do canon de recollida e saneamento do lixo. No caso de Sanxenxo, as achegas ascenden a 53.491,95 € para "O verán no concello", as festas patronais de San Xenxo e Santa Rosalía, o Entroido, a XVIII Milla Vila de Sanxenxo, o
 II Triatlón Concello de Sanxenxo e o I Trail Con da Ventureira.

O Concello de Vilagarcía de Arousa recibirá 83.721,98 € para o combate naval, para o servizo de mantemento dos parques infantís e reparación de farolas nas rúas Castelao, Edelmiro Trillo, o contorno da Alameda e Praza Ravella. Pola súa banda, Vilanova de Arousa beneficiarase de 64.756,16 € para o pagamento de acredores de gasto corrente.

No caso dos concellos de Gondomar, Mondariz e As Neves, estes recibirán 35.884,16 euros. A Deputación de Pontevedra achegará 12.826,15 € a Gondomar para o taller da memoria para maiores, para a II Gala do deporte e para un programa de cinema. Pola súa banda, Mondariz beneficiarase de 16.810,78 € para a Feira do pan, a II Festa Gastronómica da Carne Arreghlada, Primavera e Son, festas infantís con inchables, cine de verán na rúa e a feira dos oficios artesáns. No caso das Neves, a Deputación achegará 6.247,23 € para o proxecto de posta en valor dos recursos turísticos do concello.

Neste senso, os concellos de Oia, Tui e A Guarda recibirán 91.397,49 €. A Deputación de Pontevedra achegará 65.045,63 € a Oia para a limpeza dos edificios municipais e o consumo eléctrico. Pola súa banda, Tui beneficiarase de 20.351,86 € para a intervención na ponte de Mosteiro de Pexegueiro, para o Entroido, a Cabalgata Internacional de Reis e o campamento de verán. No caso da Guarda, recibirá 6.000 € da Deputación de Pontevedra para investir na Feira do Libro e en actividades musicais nas prazas da vila.

Finalmente, o Concello de Lalín recibirá un total de 57.000 € que irán destinados aos campamentos deportivos de verán e ao proxecto de promoción turística do concello.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

25 xuñ 2016, plan concellos 2016, 2016, cuntis, plan concellos, plan, pavimentación