Noticias

Moaña completa o 100% de concesión do Plan Concellos 2016

Mediante resolución presidencial aprobouse a última contía, de 30.000 €, para obras de limitación de velocidade en diferentes viais municipais


29 set 2016

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, o último investimento no concello de Moaña ao abeiro do Plan Concellos 2016. Trátase dunha contía de 30.000 € para obras de limitación de velocidade en diferentes viais municipais, incluída na liña 1, de investimentos, deste plan provincial.

Con esta partida, o concello de Moaña completa o 100% de concesións do Plan Concellos 2016 da Deputación provincial, cuns investimentos totais de 918.274,67 €.

Este importe de 30.000 € ten que sumarse aos achegados ata o momento pola institución provincial nas distintas liñas do programa. En concreto, para a liña 1 ata agora destináranse 494.158,63 € para o acondicionamento de edificios públicos, a adquisición dun camión guindastre, a realización de melloras do saneamento dos camiños da Miranda e a parroquia de Tirán e a construción do muro da ampliación do viario da costa na parroquia de Domaio.

Na liña 2 achegáronse 131.807,52 € para gastos correntes, mentres que houbo outros 34.435,30 € na liña 3 dedicados ao Entroido 2016, a XXIX edición dos Circuítos Teatrais e a XXXII edición do Festival Intercéltico do Morrazo. Por último, 206.373,22 € foron achegados para a contratación de 24 traballadoras e traballadores municipais.