Noticias

O Goberno da Deputación aproba un investimento de 120.000 euros para Meis do Plan Concellos

O Concello poderá afrontar con esta financiación provincial a rede de saneamento e a reposición de firmes en Muíños de Arriba


08 abril 2018
plan concellos 2018

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova achega do Plan Concellos 2018 para Meis por un valor de 120.707,46 euros. Con este investimento, Meis poderá facer fronte ao financiamento da rede de saneamento e a reposición de firmes en Muíños de Arriba.

Esta nova achega, ao abeiro da liña 1 de Investimentos, súmase aos 170.542,88 euros destinados ao financiamento do investimento na rede de saneamento e a reposición de firmes nos lugares de Brea, Seixo e Pedras, e aos 105.417 euros que xa ten recibido pola liña 3 para contratar a 9 traballadoras e traballadores.

Desta maneira, Meis xa recibiu o 48,35 % do que lle corresponde no Plan Concellos 2018. Concretamente, a Deputación de Pontevedra xa destinou 396.667,34 euros dos 820.384,56 que ten a súa disposición, un 72,57 % máis que en 2017.