Noticias

Dozón recibe preto de 50.000 € do "Plan Concellos 2017" para realizar obras de acondicionamento de camiños

A institución provincial leva entregado o 31% do total destinado a Dozón dentro do Plan, un investimento próximo aos 110.000 euros


15 agosto 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, catro novas achegas ao concello de Dozón ao abeiro da liña 1, investimentos, do "Plan Concellos 2017", que suman unha axuda por parte da institución provincial valorada en 155.770,51 euros. Así, cun investimento de 46.659,64 €, o concello poderá realizar as obras de construción de muros de formigón armado en Cubelos e Igrexa, Embeade, Porto dos Prados e Sanguiñedo. Por outra banda, outros 42.182,61 € permitirán realizar as obras de pavimentación dos camiños de acceso ao campo de fútbol de Castro e á Lama. Ademais, 41.166,78 € para a pavimentación de camiños na estrada a Riazó, Pereiró, de Reboredo a Sisto, A Carballeira, Cadaval e Seixas, máis a limpeza de cunetas do camiño de San Martiño a Bidueiros. Por último, o "Plan Concellos 2017" destina outros 25.761,48 euros a Dozón, nesta ocasión para realizar a pavimentación de camiños e do aparcadoiro da Pena de Francia.

Con anterioridade, Dozón xa recibira a cantidade de 88.945,03 euros tamén en liña 1 para a reposición do pavimento e a reparación das fochancas da estrada que une Rañestras e Coio Branco e obras de acondicionamento de diversos camiños municipais localizados nos seguintes núcleos de poboación: Fonte dos Tornso, o localizado entre Roirís e Cruz de Paio, o que transcorre entre Rega e Sobrado (en San Martiño), o que vai dende Lagoa ata Porta Castro e, finalmente, outro en Lama da Canda. Ademais, 20.554,91 euros que permitirán que sete persoas desenvolvan as súas profesións nos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de emprego do Plan.

Grazas a esta nova achega, a vila de Dozón xa leva aprobado o 30,8% do total de investimento que recibe dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 109.499,94 € dun total de máis de 355.000 euros.


Novas relacionadas

EP6104

01 agosto 2017, mobilidade, movilidad, pintado de estradas