Noticias

Cangas recibe máis de 20.000 euros do "Plan Concellos 2017" da Deputación para restituir as escaleiras da subida da rúa Buenos Aires

A institución provincial leva entregado preto do 85 % do total destinado a Cangas dentro do plan, cun investimento superior aos 900.000 euros


18 xullo 2017
plan concellos

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, unha nova achega para o Concello de Cangas ao abeiro da liña 1 do "Plan Concellos 2017" de Investimentos. Deste xeito, a institución provincial achegará a cantidade de 35.000 euros para a restitución das escaleiras na subida a rúa Buenos Aires.

Con anterioridade, Cangas xa recibira 517.139,64 euros, tamén na liña 1 de Investimentos, para un proxecto de reposición de servizos e da pavimentación da rúa Buenos Aires, a humanización das rúas Baiona e Méndez Núñez, a compra dunha rozadoira de brazo articulado con mando hidráulico e de material de recambio para as máquinas que limpan as praias, para adquirir un vehículo eléctrico para o seu servizo de mantemento dos parques e xardíns municipais, para a memoria valorada dos arranxos da cuberta da rúa Praza de Abastos e para a urbanización da rúa Rosalía de Castro. Ademais, 163.353,49 euros en liña 2 para o tratamento de residuos urbanos e, por último, a cantidade de 196.364,66 euros que permitirán que 29 persoas desenvolvan as súas profesións nos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de Emprego do plan.

Grazas a esta nova achega, a vila de Cangas xa leva aprobado o 84,89 % do total de investimento que recibe dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 933.762,96 euros dun total de preto de 1.100.000 euros.


Novas relacionadas

Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cangas, plan concellos 2017, espacios de juego, espacios de xogo
Plan Concellos 2017

04 agosto 2017, plan concellos, marín, depo, redondela, cangas, xunta de goberno, plan concellos 2017