Noticias

As Neves recibe máis de 50.000 € do Plan Concellos para melloras en pavimentación, alumeado público e eficiencia enerxética

O Plan entregou case o 36% do total destinadoás Neves, o que supón un investimento na vila de 188.780,47€


21 xuñ 2016

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, dúas novas achegas ao concello das Neves ao abeiro do Plan Concellos 2016. Por valor de 50.661,77 €, as axudas destinaranse á mellora da pavimentación en camiños municipais da vila (ao cal se achegan 30.000 €) e á mellora da eficiencia enerxética e das medidas de seguridades en cadros de alumeado público (para o que se destinan 21.287,77 € entre orzamento de licitación e redacción do proxecto técnico).

Estas contías súmanse a aquelas xa outorgadas anteriormente ao abeiro do Plan Concellos 2016, concretamente 19.766,87 € na liña 3 para a promoción do deporte, o Outono de Teatro, a promoción da cultura musical, a promoción do turismo local, a programación cultural de Nadal, o ciclo de Cine de Inverno, actividades relacionadas con Muller e Igualdade e os actos culturais da XI Festa do Tinto Rías Baixas e a XXV Feira do Requeixo e do Mel. Ademais, na liña 4 de emprego, As Neves destinou 114.463,27 € á contratación de 19 traballadores e traballadoras que desenvolven as súas actividades profesionais nos servizos municipais.

No que levamos de ano o Plan Concellos xa entregou o 35,8% do total destinado ás Neves, situando neste momento o investimento na vila nun total de188.780,47€.