Noticias

Arbo completa o investimento do Plan Concellos ao recibir 35.000 € para actuar nun muro de contención e a canalización dun regato

O grao de execución do 100% por parte do Goberno provincial en Arbo supón un investimento ao abeiro do Plan Concellos de 353.497,83 €


20 xul 2016

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de aprobar unha achega económica de 34.822,13 € para o concello de Arbo, que a vila empregará no muro de contención de Sela e A Ermida e a canalización dun regato en Correlo. Trátase dunha contía incluída dentro da liña 1 –investimentos– do Plan Concellos 2016 da institución provincial.

Ao abeiro da liña 1,  esta cantidade vén sumarse ás xa entregadas anteriormente, por valor de 218.112,95 €, destinados á ampliación e mellora das redes de saneamento e abastecemento en Cabeiras, Almuíña e Coto, á merca dun tractor, ao investimento dun muro en Tallo-Quinteiro (Cabeiras), á mellora dun camiño en Teimende, á ampliación da rede de saneamento de Cabeiras e á mellora na rede de abastecemento en Almuiña e Coto, a varios subministros para servizos municipais e á mellora do camiño de Fichua. Así mesmo, dentro da liña 2 achegáronse 11.482,38 € para gastos correntes e outros 13.256,17 € na liña 3 -actividades culturais, deportivas, musicais e medioambientais- para financiar "Divertilandia", o concurso de carteis "LVI Festa da Lamprea", o servizo de atención psicolóxica, o IV Certame de Corais Vila de Arbo, o Verán Cultural 2016, o Entroido e o Torneo de Fútbol Vila de Arbo. Na liña 4 -plans de emprego- dende o Goberno provincial investiuse un total de 75.823,20 € para a contratación de 15 traballadores e traballadoras para realizar diversas tarefas municipais.

Con esta última achega, a institución provincial completa o orzamento de 353.497,83 € dedicado a Arbo ao abeiro do Plan Concellos 2016.