Noticias

A Deputación de Pontevedra e Galaxia retoman a actividade da Escola de Letras con catro obradoiros en Vigo e Pontevedra

Os cursos comezan o luns, día 7 en Vigo co Obradoiro Literario para Maiores e no Pazo provincial en Pontevedra o día 21 con Escrita Creativa Avanzada


03 setembro 2020

A Escola de Letras que a Deputación de Pontevedra xunto a Editorial Galaxia acaba de poñer en funcionamento este mesmo ano retoma neste mes de setembro os seus obradoiros de escrita tralo verán. Serán en total catro os cursos que comecen este mes de setembro, arrancando este próximo luns, 7 de setembro, na sede de Vigo da institución provincial cun obradoiro dirixido a persoas maiores de 60 anos, e no Pazo provincial en Pontevedra o 21 de setembro sobre Escrita Creativa Avanzada. Tamén este mes realizaranse outros dous cursos sobre Escrita Creativa e Poesía de Perfeccionamento, ambos na sede de Vigo.

O Obradoiro Literario para Persoas Maiores, dirixido por Francisco Castro, se desenvolverá os días 7 de setembro, 5 e 20 de outubro, 4 e 17 de novembro e 1, 15 e 16 de decembro en horario de 19:30 a 21:30 horas na sede de Vigo, con algunhas prazas aínda vacantes. No que respecta ao curso de Escrita Creativa, con Diego Giráldez e no mesmo horario e lugar, comezará o martes 8 de setembro e continuará o 28 de setembro e os días 14, 19 e 26 do mes de outubro, con todas as prazas cubertas. Pola súa banda, o obradoiro de Poesía de Perfeccionamento, a cargo de Antonio García Teijeiro, terá lugar os días 16 e 17 de setembro na sede de Vigo da Deputación de 19:30 a 21:30 horas, coa capacidade xa completa. En canto ao obradoiro en Pontevedra, no Pazo provincial, será a cargo de Francisco Castro e centrarase na Escrita Creativa Avanzada. Neste caso, o curso terá lugar os días 21 e 22 de setembro entre as 19:30 e as 21:30 horas e conta tamén con todas as prazas cubertas.

De cara ao último trimestre do ano quedan outros dous cursos pendentes, que teñen xa a capacidade completa, impartidos en ambos casos por Inma López Silva. Trátanse de obradoiros literarios de perfeccionamento que se desenvolverán entre as 19:30 e as 21:30 horas os días 2,9, 16, 23 e 30 de novembro e o 9, 14 e 21 de decembro de 19:30 a 21:30 na sede de Vigo da Deputación, e os días 3, 10, 17 e 24 de novembro; e no Pazo provincial da Deputación en Pontevedra os días 1, 10, 15 e 22 de decembro.