Noticias

A Deputación de Pontevedra completa o 100 % das axudas a Bueu do Plan Concellos 2017

O Goberno de Carmela Silva destinou ao municipio dentro do Plan Concellos, un investimento situado por enriba dos 800.000 euros


16 agosto 2017
Plan Concellos 2017

O Goberno provincial da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, a última axuda para o Concello de Bueu no marco do Plan Concellos 2017. Este investimento de 38.846,65 euros, encadrado na súa liña 1, servirá para a subministración de mobiliario xeral para actividades municipais, en concreto 80 cadeiras sen repousabrazos, 475 cadeiras plegables de madeira, 21 mesas polivalentes, 2 xogos de chave, 4 xogos de petanca, 88 metros lineais de bordo de madeira, 6 antenas TV, 6 televisores LCD, 5 encerados interactivos, un soporte móbil para encerado dixital e un proxector.

Ao abeiro do Plan Concellos 2017, anteriormente a institución provincial xa destinara a Bueu 305.756,51 euros para o acondicionamento e mellora da praza Massó e a posta en marcha de áreas de xogos infantís adaptadas e inclusivas así como áreas biosaudables e un área de skate park na localidade, 38.967,51 euros para poder financiar a realización de obras de mellora dos seus cemiterios municipais situados nos núcleos de Bueu e de Cela, 238.297,91 euros para a pavimentación de camiños públicos (estas tres accións na liña 1) e, por último, outros 94.157,35 euros para a contratación de 15 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da localidade, a través da liña 3 de Emprego do plan.

Coa suma desta nova achega, Bueu xa recibiu da Deputación de Pontevedra o 100 % do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 803.444,37 euros.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

22 xuñ 2016, bueu, orzamentos, plan concellos 2016, 2016, plan concellos, plan, orzamento, pavimentación