Noticias

26 concellos da provincia acollen 57 novos obradoiros do programa "Depo en Marcha"

Teñen 30 horas de duración, desenvolveranse ata decembro e contan con entre 20 e 25 prazas dispoñibles para persoas maiores da provincia


03 out 2016

Neste mes de outubro comezan en 26 concellos da provincia 57 novos obradoiros do programa "Depo en Marcha", impulsado pola Deputación de Pontevedra -a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude- para fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia. En total, ata finais de ano, desenvolveranse 160 talleres dos que se están a beneficiar asociacións de maiores, pensionistas e xubilados da provincia que participaron nesta convocatoria.

Na comarca de Pontevedra, impartiranse cursos de "Conservando a Memoria" na Asociación de Veciños San Roque (Pontevedra), "Plantas Medicinais" na Sociedade C.D. Mourente (Pontevedra) e "Manualidades variadas" na Asociación C. A e "Musicoterapia" no Centro Social do Concello de Poio.

En Vigo terán lugar os obradoiros de "Conservando a memoria" na Asociación C. Gallega F.P.A. Ategal e Asociación V.C.D. Monte da Mina de Castrelos (Vigo), "Informática (Iniciación)" na AA.VV. O Carballo de Sárdoma (Vigo) e na Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados (Redondela), "Arte Floral" na Asociación da Terceira Idade Quiñones deLeón e Asociación V.C.D. Lavadores (Vigo), "Licores Caseiros" na Asociación V.C.D. de Cabral (Vigo), "Teatro" no Centro Sociocomunitario de Teis (Vigo), "Pintando en Teas" na AA.VV. As Fontes (Vigo) e na Asociación De Palilleir@s de  Mos, "Cociña Galega" na Asociación VV. De Beade (Vigo) e na Asociación V.D.C. Miñoteira (Redondela), "Internet e Correo Electrónico" no Centro S.C.R. de Cedeira (Redondela), "Manualidades Variadas" na AA.VV. de Alxán (Soutomaior), "Ximnasia de Mantemento" na Asociación VV. San Benito de Romariz (Soutomaior) e na Asociación de veciños Santa María de Pazos (Pazos de Borbén), "Pilates" na AA.VV. A Pedreira (Soutomaior) e no Círculo Recreativo Cultural de Porriño, "Plantas medicinais" na Asociación Cultural Musical Abeleiras de Alxán, Asociación Cultural A Feira (Salceda de Caselas) e Asociación de maiores de Soutomaior(Soutomaior), "Zumba" na Asociación V.C. De Aranza (Soutomaior), "Pandeireta e Canto Popular" na AA.VV. Chan do Bosque (Mos) e Asoc. Asomamos (Mos), "Manualidades variadas" na AA.VV. Petelos (Mos) e "Cociña galega" na Asociación de xubilados e pensionistas (Salceda de Caselas).

Na comarca do Baixo Miño impartiranse obradoiros de "Plantas medicinais" na AA.VV. Os medos de Currás (Tomiño), "Arte Floral" na AA.VV. O Árbol (Tomiño), "Informática (Iniciación) na Asociación Sociocultural de Persoas Maiores do Rosal e "Pilates" na Asociación VV. E Sociocultural Río Folón (O Rosal).

En Caldas terán lugar cursos de  "Informática (Iniciación) na Asociación R.C. da terceira idade (Moraña), "Ximnasia de Mantemento" na Asociación Axentiva (Valga), "Plantas medicinais" na Asociación De Xubilados e Pensionistas Caldenses (Caldas de Reis) e "Zumba" no fogar do maior do Concello de Caldas de Reis.

Na comarca do Morrazo impartirase un obradoiro de  "Conservas artesanais" na Asociación VV. San José de Cantodarea (Marín) e de "Panadería e Repostería " na Asociación VV. Laberinto de Mogor (Marín).

O Condado acollerá un curso de "Pilates" no Centro Cultural Cotarel de Ponteareas e de "Pandeireta e canto popular" na Asociación de maiores de Mondariz.

Nas comarcas de Tabeirós-Terra de Montes e Deza terán lugar cursos de "Cociña Galega" na Asociación VV. Decoita de Riobó (A Estrada), "Informática (Iniciación)" na Asociación de persoas da terceira idade de Lalín e na Asociación VV. Nosa Señora das Dores de Toedo (A Estrada) e "Risoterapia" na Asociación Cultural Vista Alegre de Silleda.

A Paradanta acollerá  obradoiros de "Ximnasia de mantemento" na  Asociación de xubilados e pensionistas de Arbo, "Pilates" na Asociación C. Virxe da Luz de Casteláns (Covelo) e "Informática (Avanzado)" na Asociación VV. De Filgueira (Crecente).

Na comarca do Salnés impartiranse cursos de "Manexo da ansiedade e do estrés" na Asociación Galega de Linfedema (Vilagarcía de Arousa) e no Club de Pensionistas de Sanxenxo, "Zumba" no Círculo Artístico Deportivo Gato Negro (Vilagarcía de Arousa), "Taichi" na Asociación C. Malveiras (Vilagarcía de Arousa), "Panadería e Repostería" na Coral Alento Xoven (Vilagarcía de Arousa), "Informática (Iniciación)" no Centro C.D. de Vilalonga (Sanxenxo), "Tapiñas e Petiscos" na Asociación O Batuqueiro (Cambados) e "Internet e correo electrónico" na Asociación Xubilados e Pensionistas San Estevo de Noalla (Sanxenxo).

Os obradoiros que se desenvolven agrúpanse en oito bloques temáticos, que tentan aproximar ás persoas maiores a diversos campos como a natureza, a cociña, o deporte ou as novas tecnoloxías. En concreto, os bloques son: Traballando coas Mans, Entre Fogóns, Aprendendo da Natureza, Móvete, Activando Corpo e Mente, Dálle Marcha, Enredando e En Rede.

 

A Deputación de Pontevedra impulsa "Depo en Marcha" para favorecer o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia. Ademais, pretende que cada obradoiro se converta nun espazo de encontro e intercambio para os maiores, evitando así o illamento e a soidade e impulsando a independencia da xente maior.