Xornada Muller e Poder
3 de abril de 2019
Castelo de Soutomaior
Nas últimas décadas as mulleres conquistaron máis relevancia e protagonismo no espazo público e nas institucións. Lentamente van incrementando a súa presenza no ámbito político, nos consellos de administración das empresas etc. Non obstante, os datos indícannos que a súa participación segue sendo moito menor.
A xornada Muller e Poder ten como obxectivo visibilizar e poñer en valor as achegas das mulleres que traballan en distintas disciplinas e ámbitos coma a ciencia e a tecnoloxía, a cultura, a empresa, o ámbito deportivo, os medios de comunicación ou a política.
Na xornada participarán mulleres de referencia que ocupan postos de responsabilidade en diversos ámbitos, que nos achegarán as súas experiencias, cales son os obstáculos que impiden que as mulleres poidan acceder a espazos de decisión e postos de responsabilidade, así como novos estilos de liderado que permitan incrementar a presenza das mulleres nos diferentes ámbitos.
Programa
De 9:30 a 9:45 h Recollida de materiais e acreditacións
De 9:45 a 10:00 h Apertura da xornada e benvida
Carmela Silva Rego. Presidenta da Deputación de Pontevedra
Isaura Abelairas Rodríguez. Deputada de Igualdade da Deputación de Pontevedra
De 10:00 a 11:00 h Título: "Poderosas… e malvadas?"
Relatora: Laura Freixas Revuelta. Escritora. Presidenta de honra da Asociación Clásicas y Modernas, para a igualdade de xénero na cultura
De 11:00 a 12:00 h Título: "Mulleres, espazo público e o desempeño do poder"
Relatora: Carmela Silva Rego. Presidenta da Deputación de Pontevedra
De 12:00 a 12:30 h Pausa para o café
De 12:30 a 13:30 h Título: "Mulleres e guerra: redes invisibles de poder"
Relatora: Berta Fernández Rosón. Graduada en Dereito e Economía. Consultora legal en materia de Dereito de Asilo e Refuxio en Stop Mare Mortum
De 13:30 a 14:30 h Título: " A igualdade dende la perspectiva xurídica "
Relatora: Altamira Gonzalo Valgañón. Vicepresidenta da Asociación Mulleres Xuristas THEMIS
De 14:30 a 16:00 h Pausa para o xantar
De 16:00 a 17:00 h Título: "Poder e comunicación. A axenda pendente"
Relatora: Montserrat Boix Piqué. Periodista. Servizos informativos da RTVE. Creadora de Mujeres en Red
De 17:00 a 18:00 h Título: "Muller deportista, muller loitadora"
Relatora: Desirée Vila Bargiela. Ximnasta acrobática e atleta internacional
De 18:00 a 19:00 h Título: "Perseguindo unha meta"
Relatora: África González Fernández. Catedrática en Inmunoloxía. Presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e directora do Centro de Investigacións Biomédicas
19:00 h Clausura
Descargas
Última modificación: martes, 26 marzo 2019
Vídeos
- 03/04/2019 Muller e Poder. Clausura
- 03/04/2019 Muller e Poder. Poder e comunicación. A axenda pendente
- 03/04/2019 Muller e Poder. Perseguindo unha meta
- 03/04/2019 Muller e Poder. Muller deportista, muller loitadora
- 03/04/2019 Muller e Poder. Poderosas… e malvadas?
- 03/04/2019 Muller e Poder. Mulleres, espazo público e o desempeño do poder
- 03/04/2019 Muller e Poder. Mulleres e guerra: redes invisibles de poder
- 03/04/2019 Muller e Poder. A igualdade dende a perspectiva xurídica
- 03/04/2019 Muller e Poder. Apertura da xornada e benvida
-
A xornada Muller e Poder enche de igualdade o castelo de Soutomaior e pecha a tarde cos relatorios de Mercedes Boix, Desirée Vila e África González
03 de abril de 2019 -
Altamira Gonzalo reivindica leis que "removan os obstáculos que impiden o avance cara a igualdade"
03 de abril de 2019 -
Berta Fernández Rosón desbota os estereotipos "de vítima, heroína e muller pacífica que se adoitan outorgar ás mulleres nos contextos de guerra"
03 de abril de 2019 -
Laura Freixas analiza na Escola de Igualdade María Vinyals a cultura patriarcal "que representa aos homes como heroes e ridiculiza ás mulleres poderosas"
03 de abril de 2019 -
Carmela Silva abre a xornada da Escola de Igualdade coa condena dos novos crimes machistas e a lembranza das primeiras políticas electas fai hoxe 40 anos
03 de abril de 2019 -
A Deputación completa o aforo para a xornada Muller e Poder que este mércores concentrará en Soutomaior a grandes mulleres referentes no Estado
02 de abril de 2019 -
A Deputación abre o prazo para participar en Muller e poder, a xornada anual da Escola de Igualdade María Vinyals no castelo de Soutomaior
22 de marzo de 2019