Meaño recibe máis de 40.000 euros ao abeiro do "Plan Concellos 2017" da Deputación de Pontevedra para a adquisición dun vehículo
A institución provincial leva entregado o 31 % do total destinado a Meaño dentro do Plan, cun investimento superior aos 150.000 €
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha resolución presidencial, unha nova achega ao Concello de Meaño dentro do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 40.898 euros con destino ao financiamento da adquisición dun vehículo mini pa cargadora con cullerón varredor.
Ademais, anteriormente Meaño xa recibira 110.449,92 euros para a contratación de 18 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de emprego do Plan.
Coa suma desta nova achega, Meaño xa recibiu da Deputación de Pontevedra o 30,8 % do total de investimento que recibe dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 151.347,92 € dun total de máis de 491.000 € (esta cantidade representa, ademais, un 6 % máis do que percibiu no exercicio anterior).