Noticias

O goberno de Carmela Silva achega máis de 65.000 € a Meaño ao abeiro do Plan Concellos 2017

A institución provincial leva entregado o 89,25 % do total destinado a Meaño dentro do plan, é dicir, 440.000 €


19 outubro 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar por Resolución presidencial novas achegas ao Concello de Meaño, no marco do Plan Concellos 2017, dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión a institución provincial, presidida por Carmela Silva, achegará 65.291,97 € para a construción de beirarrúas en Picón (Xil) e na rúa dos colexios (Dena) así como para a reparación de beirarrúas en Coirón e Altamira (Dena).

Ao abeiro do Plan Concellos 2017, anteriormente a institución provincial xa destinara a Meaño outros 262.541,52 € na liña 1 para a mellora e pavimentación nos camiños municipais de Outeiro, Picón e Canle; para a adquisición dunha mini pala cargadora; para a ampliación dos camiños municipais en Paradela, Eiras e Cortiña; para a adquisición de terreos para unha praza pública e aparcamento en Dena; para a reparación de parques infantís en Meaño así como para a actuación en vías municipais en Gandón, Cachada e Rial. Á marxe da liña 1, a Deputación de Pontevedra tamén aprobou destinar a Meaño outros 114.814,88 €, na liña 3, para a contratación de 18 persoas para garantir a correcta prestación dos servizos municipais no concello.

Coa suma desta nova axuda, Meaño xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 89,25% do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 438.333,41 € dun total de 491.110,83 €.