Noticias

A estrada da Deputación que une A Cañiza e Arbo dispón xa dun tratamento antiescorregadizo para evitar accidentes

O deputado Uxío Benítez explica que as obras foran propostas polo departamento de Mobilidade para mellorar a seguranza viaria


07 decembro 2017
EP-5003

A Deputación de Pontevedra rematou a mellora da capa de rodaxe da estrada provincial EP-5003 A Cañiza-Arbo, no Concello da Cañiza. Estes traballos, segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, tiñan como obxectivo aumentar a adherencia da plataforma para os vehículos mediante unha nova capa de tratamento antiesvaradío.

Os servizos técnicos da Deputación consideraron necesario realizar esta mellora en máis de seiscentos metros da vía situados entre os puntos quilométricos 10+324 e 10+604 e máis entre o punto quilométrico 10+745 e o 11+075, zonas nas que se tiñan detectado máis problemas de escorregadas. O orzamento para facer estes traballos, que inclúe tamén o marcado da nova sinalización horizontal, ascende a 53.259,94 euros e incluía tamén outras actuacións en Mos, O Grove, Meis e Meaño.

Este tipo de melloras e actuacións de mantemento dos firmes das estradas provinciais realizarase a partir de 2018 a través dun novo contrato marco que permitirá axilizar as contratacións para, unha vez detectadas deficiencias nos asfaltados, poder realizar traballos de acondicionamento de xeito inmediato sen ter que pasar por un longo procedemento administrativo. Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, trátase da primeira vez que a Deputación de Pontevedra pon en marcha un acordo marco que permitirá corrixir pavimentos escorregadizos, fendas, afundimentos ou peraltes defectuosos, entre outra, de xeito eficiente, planificado, áxil e con garantías administrativas.

O acordo marco do Plan de rehabilitación de firmes terá en 2018 un orzamento global de 4,4 millóns de euros para a provincia, que se dividirá en cinco zonas nas que cinco empresas diferentes serán responsables das obras O lote número dous inclúe os concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Redondela, Soutomaior, Ponteareas, Salvaterra de Miño, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente, cun investimento de licitación de 711.896,06 euros.


Novas relacionadas

mellora da rodadura

09 outubro 2017, mobilidade, deputación de pontevedra, o salnés