Ramonas on Tour

Patricia Moon (voz, violín, piano)

Chus Gómez

É unha cantante, compositora, violinista e pianista galega. Licenciada en violín e canto lírico, editou tres álbums: Rock & Love, Oxytocin e Patricia Moon. Violinista do músico británico Matt Elliot durante anos, colaborou con artistas internacionais coma The Posies, Ken Stringfellow (R. E. M., Big Star) e nacionais coma Los Piratas ou Siniestro Total. Forma parte do proxecto Amy Winehouse Experience xunto a Robert Benerjee, guitarrista orixinal da banda de Amy Winehouse, unha homenaxe á diva do soul.