Noticias

Vilaboa investirá 53.000 € do Plan Concellos en diversas actuacións nos seus edificios municipais

O grao de execución do Plan Concellos 2016 en Vilaboa é do 99%, o que supón un investimento na vila de 441.531,64 €


19 set 2016

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución presidencial, un investimento en Vilaboa de 52.900,70 € para a realización de actuacións varias en edificios municipais. Esta actuación enmárcase ao abeiro da liña 1 (investimentos) do Plan Concellos 2016.

Esta contía súmase ás entregadas anteriormente pola institución provincial. Ata o momento a corporación xa concedeu 207.146,38 € na liña 1 para a adquisición un vehículo lixeiro para obras e servizos, a ampliación da rede de saneamento de Curra e a escalinata do cemiterio de San Adrián, a ampliación e mellora da rede de saneamento en Santadrán, a conservación e mellora de viarios municipais, a construción dun muro de contención en Alcouce e doutro muro de contención máis un reasfaltado de pista en Pousada e a reparación da pista polideportiva de Riomaior. Ademais 66.153,33 €, na liña 2, correspondentes ao pagamento de acredores de gasto corrente. Ademais á liña 3, cun total de 16.648,23 €, pertencen as axudas destinadas ao magosto do concello, a Festa dos Reis, o Entroido de Cobres, o Trofeo de Fútbol da vila e a Mostra do Viño 2016. En último lugar, 98.312 € para a contratación de 20 traballadoras e traballadores, que se enmarcan dentro da liña 4, emprego, do programa.

No que levamos de 2016 a Deputación provincial xa leva investidos 441.531,64 € en Vilaboa ao abeiro do Plan Concellos 2016, o que supón xa a entrega dun 99% do total do mesmo.


Novas relacionadas