Noticias

Vila de Cruces recibe preto de 40.000 euros do Plan Concellos para a pavimentación de camiños

Cunha achega superior aos 550.000 euros, a institución provincial xa leva entregado preto do 86 % do importe total que recibe Vila de Cruces dentro do Plan Concellos


29 setembro 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, unha nova achega ao Concello de Vila de Cruces no marco do Plan Concellos 2017, dentro da súa liña 1 de Investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 37.297,71 euros co obxectivo de realizar as obras de pavimentación do camiño que transcorre entre os núcleos entre Amosa e Camanzo.

Ao abeiro do Plan Concellos 2017, anteriormente a institución provincial xa destinara a Vila de Cruces 263.184,06 euros en liña 1 para unha mellora do camiño entre Vilariño e Beuvas, a mellora e acondicionamento doutro camiño na Senra e Toiriz, financiar as obras do muro de contención de Carbia máis a mellora de varios camiños municipais nos núcleos de Losón e Bodaño, para a construción de panteóns no cemiterio municipal e para mellorar os vestiarios do pavillón deportivo municipal. A maiores, 96.663,20 euros para poder afrontar diversos gastos correntes e, finalmente, outros 134.770,60 euros para a contratación de 11 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da localidade, a través da liña 3 de Emprego do plan.

Coa suma desta nova achega, a porcentaxe de adxudicación do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra en Vila de Cruces atópase no 86 % o que se traduce en que a vila xa dispón de 553.607,55 euros dun total de preto de 650.000 euros.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

22 xuñ 2016, infraestructuras, infraestruturas, plan concellos 2016, 2016, plan concellos, plan, vila de cruces