Noticias

O Plan Concellos 2016 destina 63.000 € a Vila de Cruces para a mellora dun camiño e un muro de contención

O goberno provincial entregou xa o 68% do total destinado a Vila de Cruces dentro do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 400.624,03 €


05 xuñ 2016

A Deputación de Pontevedra ven de adxudicar unha nova subvención ao concello de Vila de Cruces por un importe de 63.521,26 €, dentro da liña 1 do Plan Concellos 2016. A contía destinarase á mellora do camiño entre Barral e Fontarcada e o muro de contención de Outeiro.

Esta axuda hai que sumala aos 110.449,15 € concedidos pola institución, no marco da liña 1, para o acondicionamento dunha zona recreativa e dunha zona verde, para a mellora de camiños na parroquia  de Santomé de Obra, a adquisición dunha máquina retroescavadora e a mellora das beirarrúas e servizos na rúa Amable Durán Bergueiro; 88.643,94 €, liña 2, destinados ao financiamento de gasto corrente; 22.160,98 €, na liña 3, investidos no XXIII Festival de bandas de música e XIII Festa gastronómica do Galo de Curral; e 115.848,70 € para a contratación de 11 traballadores e traballadores que están a desempeñar a súas tarefas para o concello.

No que vai de ano a Deputación provincial leva entregados o 67,79% do total destinado a Vila de Cruces, a razón do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 400.624,03 €.


Novas relacionadas