Noticias

Valga recibe arredor de 250.000 € do Plan Concellos para a mellora de camiños de carácter municipal

O Plan Concellos acada un grao de adxudicación do 55%, o que representa un investimento na vila de 248.924,05 €


18 jun 2016

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha axuda por valor de 248.924,05 € con destino ao financiamento da mellora de camiños de carácter municipal en Valga. Esta axuda supón a primeira que recibe o concello de Valga dentro do Plan Concellos, e máis en concreto na liña 1, dedicada a investimentos.

Esta actuación de preto de 250.000 € supón que neste momento o grao de adxudicación de Valga no Plan Concellos se sitúe no 55,4%.