Noticias

O Plan Concellos da Deputación destinará en 2017 644.421 € a Vila de Cruces, un 9 % máis que este ano, 6 puntos máis que a media da provincia

En cifras totais, a Deputación de Pontevedra investiu este ano 2016 en Vila de Cruces máis dun millón de euros


23 decembro 2016
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra achegaralle ao Concello de Vila de Cruces durante 2017, no marco do Plan Concellos, máis de 644.421 €, 53.461,77 € máis que en 2016, o que supón un crecemento do 9,05 % con respecto a este ano, seis puntos máis que a media provincial.

Ao longo deste ano 2016 a Deputación de Pontevedra investiu en Vila de Cruces un total de 1.080.166,54 €, o que significa unha media de 198,74 € por habitante. En liñas xerais, desta contía, 590.959,59 € correspondéronse co Plan Concellos 2016, 180.617,55 € máis que o ano anterior, o que supuxo un crecemento do 44 % con respecto a 2015. Ademais, a institución provincial investiu 60.160,38 € en cohesión social e xuventude, 30.068,64 € en emprego, 22.414,51 € en mobilidade, 18.269,62 € en cultura e lingua, 9.902 € en deportes e 9.782,85 € en igualdade.

En concreto, Vila de Cruces investiu 364.305,97 € da liña 1 do Plan Concellos na mellora dos camiños de Santomé de Obra, Barral-Fontarcada e no muro de contención en Outeiro, no acondicionamento dun camiño en Candañedo-Camanzo e na zona verde do Camballón, na pavimentación dos camiños Ferradal e Chopo, na mellora de beirarrúas e servizos na rúa Amable Durán, nos proxectos de pavimentación do acceso ó Colexio de Piloño e da zona recreativa do contorno do Auditorio de Gres, na reparación do local social de Besexos e na adquisición de máquina retroescavadora. Tamén destinou, a través da liña 2, 88.643,94 € a gasto corrente novo; 22.160,98 €, a través da liña 3, para o XXIII Festival de Bandas de Música e para a XXIII Festa Gastronómica do Galo de Curral, así como 115.848,70 € da liña 4 para a contratación de 11 persoas para desempeñar tarefas no Concello de Vila de Cruces.

No caso do fomento da cultura e lingua, o Concello recibiu 18.269,62 € a través dos cales se organizaron 22 actuacións do Pontegal, así como para a dinamización lingüística, para a sinalización do patrimonio histórico e memoria histórica e para a organización de dúas actividades enmarcadas no Ano Castelao.

Tamén se destinaron 60.160,38 € para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociais comunitarios, da axuda básica de emerxencia ou da teleasistencia domiciliaria (da que se benefician 10 persoas), ben mediante os programas  "Tecendo lazos", "En Ruta coa Depo", "Depo  RúaARTE" ou "Depo Aventura A Lanzada", no que participaron dous nenos do concello.

Do mesmo xeito, Vila de Cruces recibiu 9.902 € para sete clubs de deporte federado de base e para a escola deportiva de patinaxe. Tamén 30.068,64 € destinados ao fomento do emprego a través do Plan de Práctica Laboral, que está a permitir que catro persoas desenvolvan a súa primeira experiencia laboral no Concello de Vila de Cruces e unha nunha empresa do concello. Tamén se achegaron 9.782,85 € para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a través do programa "Conectadas", a través do cal se organizaron 11 cursos.

Ademais, a institución provincial achegou 22.414,51 € en materia de mobilidade, en concreto para obras de sinalización horizontal nas vías provinciais Caseda-Brandariz, Merza-Bascuas e  Bodaño-Merza.