Noticias

SmartPeme pon en marcha esta próxima semana outros catro obradoiros online

Ata o 1 de xullo o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre como debuxar con Onshape, como realizar animacións con Vídeo márketing ou como utilizar Google Analytics


27 xuño 2021

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como debuxar con Onshape Aseembly II e III, como realizar animacións e gifs con fotografías de produto e como dar os primeiros pasos con Google Analytics 4.

En concreto, este martes 29 impartirase o obradoiro "Debuxo con Onshape, Asembly II", a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen falará da practicidade da ferramenta e ensinará a utilización do software para debuxos.

O mércores 30, Lara Taboada, falará de "Vídeo Márketing II - Animacións e Gifs con fotografías de produto", obradoiro que permitirá descubrir a potencialidade das fotografías a través da animación das mesmas, xerando un contido dinámico e interesante. Xa pola tarde, Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, impartirá "Primeiros pasos con Google Analytics 4", onde falará da evolución que Google experimentou na análise de datos con respecto a anterior versión, e de como recompila a información dos usuarios que acceden a nosa web.

Para finalizar a semana, o xoves 1 de xullo, será a quenda de "Debuxo con Onshape, Aseembly III" a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen ensinará a forma de debuxar a través do software