Noticias

SmartPeme pon en marcha esta semana outros tres obradoiros online

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Trello, SEO e debuxo con Onshape


01 xuño 2021

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como mellorar a produtividade con Trello; conceptos, palabras clave e primeiros pasos para traballar o SEO e debuxo con Onshape.

En concreto, hoxe martes  impartirase o obradoiro "Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións I", no que a posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas Fátima Faílde introducirá esta ferramenta e tratará temas como a produtividade e o teletraballo.

O mércores 2, Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, impartirá "Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos", obradoiro que ten a finalidade de achegar os conceptos básicos que compoñen o SEO e ensinar como mellorar o posicionamento web nos principais buscadores.

Para finalizar a semana, o xoves 3, "Debuxo con Onshape, partstudio III", onde Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, falará deste software de debuxo 3D na nube.