Noticias

SmartPeme pon en marcha esta semana outros seis obradoiros online

Ata o 16 de outubro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Pinterest, marketplace, plataformas para crear tendas, xestión e comercialización de vivendas turísticas, debuxo con Onshape e WhatsApp Business


12 outubro 2020

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre Pinterest, vender en marketplace, plataformas para crear tendas en liña, xestión e comercialización de vivendas turísticas,  debuxo con Onshape e WhatsApp Business.

En concreto, o martes Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresarias e especializada en márketing e dirección comercial, impartirá o obradoiro "Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest". Ao día seguinte, 14 de outubro, será a quenda de dúas novas accións: "Como vender os teus produtos nun marketplace", a cargo de María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e postgraduada en Comunicación Corporativa, e "Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña", impartida por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa.

Na xornada do xoves tamén están previstas dúas accións: a técnica de Empresas e Actividades Turísticas Sonia Torres desenvolverá "Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos" e Manuel Freire, experto universitario en robótica, impartirá o obradoiro "Debuxo con Onshape. Part Studio III". Por último, o venres 16 levarase a cabo "Así funciona WhatsApp Business", a cargo do enxeñeiro informático José Luis Taboada.


Novas relacionadas