Noticias

Pontecesures recibe 114.000 € do Plan Concellos para reurbanizar dous tramos do camiño de Carreiras

O municipio completa así o 100% de concesión do Plan Concellos 2016, cuns investimentos totais de 359.642,10 €


16 set 2016

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar un investimento en Pontecesures por valor de 114.077,41 €, que se vai destinar para a reurbanización de dous tramos do camiño de Carreiras. Trátase dunha actuación enmarcada na liña 1, de investimentos, do Plan Concellos 2016. Con esta achega económica, o Plan Concellos 2016 complétase ao 100% en Pontecesures, cuns investimentos totais de 359.642,10 €. 

Esta nova axuda súmase ás entregadas anteriormente ao abeiro do Plan Concellos. En liña 1 tíñanse aprobado ata agora un total de 108.273,74 € para a renovación da cuberta do local de Protección Civil, a renovación e mellora de parques infantís e a reforma e mellora do sistema de depuración e distribución da rede de abastecemento de auga potable.

Así mesmo, en liña 2 -gastos correntes- destináronse 47.963,32 € e outros 13.486,57 € na liña 3 para o financiamento de diversas actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais (o Festival Infantil Día do Neno, a XXII Festa da Lamprea e a XVII Carreira Popular). Por último, o Plan concellos achegou 75.840,30 € na liña 4 –promoción do emprego- para a contratación de 9 traballadoras e traballadores  para os servizos municipais.

 

Novas relacionadas

Plan Concellos 2017

07 setembro 2017, plan concellos, pontecesures, 2017, deputación de pontevedra