Noticias

Poio recibe unha nova achega da Deputación de máis de 49.000 € a través do Plan Concellos 2017

A subvención permitirá a adquisición dunha máquina para a limpeza das praias


17 maio 2017
Plan Concellos 2017

 

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, unha achega ao Concello Poio de 49.000 € dentro da liña 1 do Plan Concellos 2017, para a adquisición de maquinaria para a limpeza das praias. Con esta última adxudicación a institución provincial leva concedido ao concello un total de 603.550,66 € para gastos en investimentos.

Máis polo miúdo, ao longo deste 2017 a Deputación xa ten adxudicados a través la liña 1 do Plan Concellos 412.519,23 €, que foron destinados á estabilización do muro de contención da estrada e á continuación do paseo litoral de Campelo, e por outra banda 142.031,43€ para a renovación de servizos e pavimentación do camiño da Pateira.

Deste xeito, a institución leva concedido a Poio en total 979.595,48 € no conxunto das súas 3 liñas de actuación. En concreto, adxudicáronse 149.242,40 € a través da liña 2 para o pagamento de débedas a acredores, e 226.802,42 € dentro la liña 3 para a contratación de persoal. A suma das subvencións recibidas ata a data supoñen o 97,2 % do total previsto polo Plan Concellos 2017 para Poio, cantidade que ascende a 1.008.010,77 €.