Noticias

Pazos de Borbén chega ao 100 % do "Plan Concellos 2017" da Deputación de Pontevedra

Coa última achega do Goberno de Carmela Silva o Concello de Pazos de Borbén mellorará e asfaltará camiños en Amoedo


25 setembro 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, unha nova achega para o Concello de Pazos de Borbén ao abeiro da liña 1 do "Plan Concellos 2017" de Investimentos. Deste xeito, a institución provincial achegará a cantidade de 58.081,78 euros para a mellora e asfaltado de camiños na parroquia de Amoedo.

Con este novo investimento a Deputación de Pontevedra xa investiu os preto de 400.000 euros que lle corresponden a Pazos de Borbén ao abeiro do Plan Concellos 2017. Con anterioridade, a localidade xa recibira 112.194,66 euros, tamén na liña 1 de Investimentos, para a ampliación da rede de saneamento no entorno de Masusan e 76.479,62 euros que investiu na senda peonil e ciclista entre Moscoso e Xunqueiras. Ademais, 59.221,46 euros en liña 2 para gasto corrente e, por último, a cantidade de 88.461 euros que permitiron que 19 persoas desenvolvan as súas profesións nos servizos municipais da localidade, a través da liña 3 de Emprego do plan.

Desta maneira, Pazos de Borbén xa completou as subvencións da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2017, é dicir, durante este ano recibiu un total de 394.809,70 euros.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

20 xuñ 2016, plan concellos 2016, 2016, plan concellos, presupuesto, saneamento