Noticias

O programa DepoEmprega organiza dous obradoiros en marzo para axudar ás persoas desempregadas a incorporarse ao mercado laboral

60 persoas participarán nas accións centradas nas entrevistas de traballo e na creación de marcas persoais a través das redes sociais


12 marzo 2017
Emprego

A Deputación de Pontevedra acaba de anunciar a realización de dous obradoiros que terán lugar ao abeiro do programa DepoEmprega 2016 durante o mes de marzo. Esta iniciativa está destinada a un total de 60 persoas desempregadas da provincia (concretamente dos concellos de Bueu, Cangas, Poio, Pontevedra e Vigo) con diversidade funcional, mulleres vítimas da violencia machista e menores de 30 anos.

A primeira das accións, que leva por nome "A entrevista de traballo", impartirase os vindeiros 14 e 15 de marzo, na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (na que participarán 31 persoas) e no salón de actos do Edificio Administrativo da institución provincial, en Pontevedra (con 29 persoas participantes), respectivamente, de 10:00 a 12:00 horas. Nela prestaráselle atención ao xeito de preparar unha entrevista, a como comportarse durante esta, a coñecer as preguntas que se poden realizar no seu desenvolvemento e, tamén, a elaborar as respostas axeitadas. Serán obradoiros participativos, con proxección de vídeos, simulacións e debates sobre experiencias reais.

A segunda das accións, que ten por título "A marca persoal e as redes sociais na procura de emprego", terá lugar os vindeiros días 21 e 22 de marzo, en Vigo e Pontevedra, respectivamente, (nas mesmas localizacións e coa mesma participación que nos obradoiros anteriores), de 10:00 a 13:00 horas. Os obxectivos desta acción son a creación dun perfil ou marca persoal, desde un punto de vista proactivo e colaborativo de aprendizaxe aberta, que axudará a mellorar a visibilidade destas persoas. Tamén aprenderán a manexar as redes sociais para acadar un posicionamento adecuado no mercado laboral e realizar unha procura de emprego eficaz. O obradoiro será práctico e vivencial, traballarase a través de dinámicas que axuden a interiorizar conceptos e practicar novas olladas de cara á busca e xeración de oportunidades laborais.

A Deputación de Pontevedra iniciou o proceso de selección das persoas participantes en DepoEmprega 2016 o pasado mes de setembro. Estas puideron solicitar a participación directamente nas súas oficinas do Servizo Público de Emprego. Este programa ten por obxectivo mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego (concretamente búscase a integración do 35 %, é dicir, 21 persoas) e consiste na oferta de formación para acadar certificados de profesionalidade, de prácticas en empresas e de busca de postos de traballo para aquelas persoas que xa teñen estudos e experiencia laboral, ademais dun apartado de autoemprego. Por outra banda, o programa tamén acolle accións individuais, coas que se ofrecerá orientación en elaboración de currículos, entrevistas de traballo, obradoiros de habilidades sociais, coaching ou novas tecnoloxías.

A edición anterior do programa, que levou por título DepoEmprega 2015, mostrou bos resultados e conseguiu o obxectivo marcado de proporcionarlle emprego a un 45 % do persoal participante. Ademais, firmáronse 29 convenios empresariais, cos que 35 das persoas participantes puideron realizar prácticas