Noticias

O programa "Depo en marcha" 2018 inicia esta semana once novos obradoiros na provincia de Pontevedra

Desde este venres participarán máis de 210 persoas maiores en obradoiros en Vigo, Soutomaior, Sanxenxo, Redondela, Vilagarcía de Arousa e Cerdedo-Cotobade


27 setembro 2018
Depo en Marcha 2018

Ao longo desta semana máis de 210 persoas comezarán na provincia 11 obradoiros enmarcados no programa "Depo en marcha" 2018. Os obradoiros iniciaranse nos municipios de Vigo, Soutomaior, Sanxenxo, Redondela, Vilagarcía de Arousa e Cerdedo-Cotobade. "Depo en marcha" é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra encamiñada a favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia a través de obradoiros e actividades formativas que lles permitan mellorar a súa calidade de vida e evitar o illamento e a soidade.

Máis polo miúdo, en Vigo iniciaranse dous obradoiros. Un total de 15 persoas do Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares empezarán o venres o obradoiro Internet-Correo Electrónico-Móbil, que se desenvolverá todos os luns, de 17:00 a 19:00 horas, ata o 28 de decembro. Ademais, o martes 2 de outubro tamén dará inicio o obradoiro de Cestería da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal), que terá lugar todos os martes, en horario de 17:00 a 20:00 horas, ata o próximo 4 de decembro. Está previsto que participen nesta actividade 18 persoas.

No concello de Redondela, un total de 15 persoas do Centro Cultural e Recreativo Terceira Idade de Trasmaño van comezar o luns 1 de outubro o obradoiro de Ximnasia de Mantemento. Terá lugar todos os luns e mércores en horario de 17:30 a 18:40 horas, e está previsto que remate o 12 de decembro. Tamén, 17 persoas do Centro Social e Cultural de Cedeira empezarán o próximo luns o obradoiro de Internet-Correo Electrónico-Móbil, que terá lugar todos os luns en horario de 19:00 a 21:00 horas.

En Soutomaior iniciaranse tres obradoiros. Un total de 15 persoas da Asociación Cultural Moreira a Tope iniciarán este venres un obradoiro de Tapiñas e Petiscos que terá lugar todos os venres de 17:00 a 20:00 horas e rematará o 7 de decembro. O próximo luns, tamén en Soutomaior, comezará un obradoiro de Arte con Flores ao que asistirán 18 persoas da Asociación Veciñal e Cultural de Moreira todos os luns en horario de 19:00 a 21:00 horas. Outras 17 persoas da Asociación de Veciños 8 de Decembro comezarán o próximo martes un obradoiro de Pilates que terá lugar todos os martes e xoves de 19:00 a 20:30 horas, ata o 11 de decembro.

No concello de Sanxenxo desenvolveranse dous obradoiros. O primeiro deles comezará o próximo luns e rematará o 10 de decembro. Está previsto que participen 28 persoas do Club de Pensionistas de Sanxenxo no obradoiro de Ximnasia de Mantemento todos os luns, mércores e venres de 18:00 a 19:00 horas. O segundo obradoiro, tamén de Ximnasia de Mantemento, iniciarase o martes 2 de outubro e participarán 28 persoas da Asociación Sociocultural Vilalonga. Terá lugar todos os martes, xoves e venres de 19:30 a 20:30 horas e rematará o 14 de decembro.

En Vilagarcía de Arousa iniciarase o próximo luns un obradoiro de Internet-Correo Electrónico-Móbil no que participarán 27 persoas do Centro Sociocomunitario de Vilagarcía de Arousa todos os luns e mércores de 19:30 a 12:30 horas.

Por último, no concello de Cerdedo-Cotobade iniciarase o próximo luns un obradoiro de Ximnasia de Mantemento no que participarán 15 persoas da Asociación de Veciños Eirexiña todos os luns e venres de 18:30 a 20.00 horas, ata o 10 de decembro.


Novas relacionadas

Depo en Marcha

08 outubro 2018, silleda, cuntis, cohesión social, ponte caldelas, depo en marcha 2018