Noticias

O programa da Deputación "Depo en marcha" 2018 inicia esta semana catro novos obradoiros na provincia de Pontevedra

Máis de 60 persoas maiores participarán en distintos talleres nos municipios de Pontevedra, Ponte Caldelas, Cuntis e Silleda


08 outubro 2018
Depo en Marcha

Ao longo desta semana preto de 70 persoas comezarán na provincia catro novos obradoiros enmarcados no programa "Depo en marcha" 2018. Os talleres iniciaranse nos municipios de Pontevedra, Castro Caldelas, Cuntis e Silleda. "Depo en marcha" 2018 é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra encamiñada a favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia a través de obradoiros e actividades formativas que lles permitan mellorar a súa calidade de vida e evitar o illamento e a soidade.

Máis polo miúdo, en Pontevedra comeza mañá martes un obradoiro de Ximnasia de Mantemento na Asociación Cultural Reiriz A Queimada, na que van participar 17 persoas todos os martes e xoves, de 20:00 a 21:30 h, ata o 27 de decembro. En Ponte Caldelas, 16 persoas da Asociación Cultural Alborada de Caritel iniciarán o mércores un taller tamén de Ximnasia de Mantemento, que será todos os mércores, de 19 a 21 h, ata o 26 de decembro.

En Cuntis, 21 persoas da Asociación de persoas Xubiladas Baños de Cuntis traballarán en Pilates todos os martes e os venres, de 17 a 19 h, desde mañá ata o 30 de novembro. En Silleda, a Asociación Veciñal Manduas organiza un taller de Elaboración de Xabóns os mércores, de 19:30 a 22:30 h, ata o vindeiro 12 de decembro, unha actividade para a que están inscritas preto de 15 persoas.


Novas relacionadas

Depo en Marcha 2018

27 setembro 2018, sanxenxo, cohesión social, soutomaior, vigo, cerdedo-cotobade, depo en marcha 2018