Noticias

O Plan Concellos achega máis de 175.000 € a Gondomar para mellorar un camiño da parroquia de Vilaza

Xa está entregado case o 44% do total destinado a Gondomar dentro do Plan Concellos 2016, o que representa un investimento na vila de 382.926,53 €


12 xuñ 2016

A Xunta de Goberno vén de aprobar unha nova achega ao concello de Gondomar ao abeiro da liña 1, a dedicada a investimentos, do Plan Concellos. Os 177.940,49 € desta axuda aportada pola institución serán destinados á mellora do camiño de Carrasquedo de Abaixo, na parroquia de Vilaza, concretamente a súa pavimentación, drenaxe e seguridade viaria.

Esta achega súmase ás xa aprobadas polo Plan Concellos con anterioridade, é dicir, 8.011,46 € na liña 3 para a celebración da IV Carreira a prol da Corresponsabilidade e a actividade "Gondoverán" e, por último, a contratación de 19 traballadoras e traballadores, isto último na liña 4 que o programa dedica ao emprego.

Isto fai que o investimento na vila de Gondomar ao abeiro do Plan Concellos se sitúe en 382.926,53 €, o que representa un 43,7% do total.