Noticias

O Plan Concellos achega a Mondariz máis de 11.000 € para adecuar camiños en Vilasobroso e Gargamala

O goberno provincial entregou xa o 52,7% do total destinado ao municipio dentro do Plan Concellos 2016, cun investimento ata o momento de 244.334,81 €


25 mai 2016

Mediante resolución presidencial, a Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha achega económica de 11.173,68 € ao concello de Mondariz con destino á adecuación de camiños en Vilasobroso e Gargamala. Trátase dunha contía incluída dentro da liña 1 -investimentos- do Plan Concellos que a institución provincial está a levar a cabo durante este ano 2016.

Na mesma liña 1 de investimentos, a Deputación tamén aportou a Mondariz outra partida de 111.469,22 € para o colector xeral de saneamento en Meirol-Queimadelos. Dentro da liña 3 -actividades deportivas, culturais, musicais e medioambientais-  fíxose unha achega de 17.384,56 € para o funcionamento da Escola de Música. Así mesmo, na liña 4 -plans de emprego- tamén se investiron 104.307,35 € para a contratación de 17 traballadores e traballadoras para desenvolver diversas tarefas municipais.

A Deputación provincial leva investido en Mondariz un total de 244.334,81 € en 2016, o que representa o 52,7% do total destinado ao municipio dentro do Plan Concellos 2016. 


Novas relacionadas