Noticias

O goberno de Carmela Silva destina preto de 20.000 € a Portas para a realización de novos investimentos

Con estas achegas a Deputación de Pontevedra aprobou xa o 100% do orzamento que lle corresponde á Portas ao abeiro do Plan Concellos 2017


27 xullo 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega ao concello de Portas no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará 19.545,26 € para o subministro de equipamento para parques infantís.

Este novo investimento na vila súmase aos xa aprobados e xa chega ó 100% do orzamento que lle corresponde a Portas ao abeiro do Plan Concellos 2017. Así, Portas recibiu máis de 370.000 euros a través dos cales está a poñer en marcha proxectos como a instalación dunha depuradora de leito bacteriano no lugar de Estación e a amortización da débeda do Concello. Amais, e tamén ao abeiro do Plan Concellos 2017, Portas contratou a 10 persoas para desenvolver tarefas que garantan os servizos básicos municipais.