Noticias

O Goberno de Carmela Silva destina ao concello de Caldas de Reis preto de 30.000 euros para obras de mellora en dependencias municipais

Con estas achegas, a Deputación de Pontevedra aprobou xa o 80,42 % do orzamento que lle corresponde a Caldas de Reis ao abeiro do Plan Concellos 2017


15 xullo 2017
plan concellos 2017

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, mediante Resolución presidencial, un novo investimento para o Concello de Caldas de Reis ao abeiro da liña 1 do "Plan Concellos 2017". Así, a institución provincial achega 26.683,10 euros que permitirán a levar a cabo obras de mellora nas dependencias municipais.

A esta última achega hai que sumarlle as concedidas anteriormente pola Deputación de Pontevedra á vila de Caldas de Reis dentro do "Plan Concellos 2017". Deste xeito, Caldas de Reis xa dispón doutros 171.751,33 euros para o saneamento do lugar de Casalderrique, en Carracedo; 32.459 euros para que a vila financie a adquisición dunha parcela en Segade de Arriba; 88.000 euros para a adquisición dunha parcela para a ampliación do centro ocupacional; 29.254,16 euros para a ampliación do aparcadoiro na Finca da Tafona e o acondicionamento de beirarrúas de formigón na pista de pádel, e 54.701,09 euros que servirán para financiar melloras nos pavimentos dos camiños de Soutelo de Abaixo, Pazo e Canle; todas elas a través da liña 1. Así mesmo, a vila tamén recibiu 156.495,17 euros a través da liña 3, para a contratación de 10 persoas nos distintos servizos municipais.

Deste xeito, a vila de Caldas de Reis xa leva aprobados 559.343,85 euros, o que supón un
80,42 % do total previsto dentro do "Plan Concellos 2017" para este ano.