Noticias

O Goberno de Carmela Silva destina a Ribadumia unha nova achega do Plan Concellos por preto de 36.000 euros

Con este investimento a Deputación de Pontevedra contribuirá ao financiamento da rede de abastecemento de Couto de Arriba


21 outubro 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante unha Resolución presidencial, un novo investimento no Concello de Ribadumia ao abeiro do Plan Concellos. Trátase dunha axuda por valor de 35.736,22 euros que irá destinada a financiar a rede de abastecemento de Couto de Arriba.

Ademais desta cantidade, o Goberno provincial a través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 340.602,47 euros na liña 1 destinados ao subministro de taboleiros informativos, ás obras de mellora e ampliación en camiños e sendas en diversos puntos do concello, a demolición e reconstrución do muro de cachotería no primeiro e segundo tramo da rúa Torre, a aportación municipal ao convenio de colaboración para a execución do proxecto de mellora da seguridade viaria na EP 9305, PK 4+450 ao PK 4+950, á ampliación da rede de alumeado público, á rede de saneamento e abastecemento en Conchidos e Mosqueiro e ao saneamento en Cabanelas, ás obras de mellora de recollida de augas pluviais en diversos puntos do concello e a Ribadumia en Rede.

No que corresponde á liña 2, a Deputación de Pontevedra adxudicou 20.000 euros para a exaltación do viño autóctono na XLVI Festa do Viño Tinto do Salnés e para a programación do auditorio municipal Santa Baia de Ribadumia. Tamén, 105.452,79 euros foron destinados á financiación da contratación de traballadoras e traballadores, dentro da liña 3 do Plan Concellos 2018.

A Deputación destina este ano a Ribadumia, ao través do Plan Concellos, un total de 798.414,27 euros, un 75,1 % máis que en 2017.


Novas relacionadas

Plan Concellos 2017

19 agosto 2017, plan concellos, ribadumia, senda peonil, plan concellos 2017, deputacion de pontevedra, festa viño tinto do salnés