Noticias

O Goberno de Carmela Silva destina a Fornelos de Montes máis de 125.000 euros ao abeiro do Plan Concellos 2018

Este ano Fornelos de Montes ten a súa disposición más de 650.000 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, un 73,7 % máis que en 2017


15 marzo 2018
Fornelos de Montes

A Deputación de Pontevedra aprobou, a través de sendas resolucións presidenciais, as tres primeiras axudas ao Concello de Fornelos de Montes ao abeiro da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2018-19. En total, con estas achegas, a localidade recibirá 125.952,14 euros.

Máis polo miúdo, Fornelos de Montes recibirá 59.672,62 euros para mellorar a rede de pluviais nos lavadoiros da senda de Calvos e en Rochas e para pavimentar o camiño da Alén de Arriba. Para mellorar as infraestruturas do camiño de Fondo de Vila a Deputación de Pontevedra achegará 44.737,48 euros e, por último, 21.542,04 euros para mellorar a accesibilidade en diferentes puntos do concello.

Anteriormente, o Concello de Fornelos de Montes xa recibira 78.650,72 euros, ao través da liña 3 de Emprego do Plan Concellos da Deputación, para a contratación de 22 persoas que traballarán nos distintos servizos municipais da localidade.

Coa suma destas tres achegas, Fornelos de Montes ten adxudicado o 31 % do total que ten a súa disposición co Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra, isto é 658.559,58 €, un 73,71 % máis que no 2017.


Novas relacionadas